
06 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Bueu desenvolve este outubro novas propostas de actividades medioambientais para todas as idades na Aula da Natureza de Cabo Udra e na súa contorna. Este domingo terá lugar ás 10.30 horas unha xornada didáctica de iniciación ás aves para persoas de 15 anos en adiante, mentres que ás 12 horas haberá un obradoiro para facer un móbil colgante dun mascato.