Festas de San Martiño nos concellos de Bueu e Poio

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

BUEU

Imaxe das Festas de San Martiño do 2022 en Bueu
Imaxe das Festas de San Martiño do 2022 en Bueu CONCELLO DE BUEU

09 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Este sábado arrancan en Bueu e Poio as Festas de San Martiño. Neste último concello, a AC Gaiteiro Manuel Villanueva organiza as celebracións na contorna da Capela de San Martiño, en San Xoán, coas Olimpiadas de inverno con xogos tradicionais (10.30 h.) e posterior entrega de premios, antesala da sesión vermú con Vides Novas e Charanga 112 (13 h). Ás 16.30 horas, carreira popular de San Martiño e, dende as 20.30 horas, verbena con Os Coleguitas e Trío Azabache.

En Bueu, as actividades concentraranse na súa maio parte na carpa das Lagoas. Así, haberá xogos tradicionais e inchables (de 11.30 a 13, e de 17 a 19 horas), mentres que, ás 17 horas, sairá a Carreira de San Martiño para rematar coa música do grupo Puzzle e Señora DJ.