23 nov 2024 . Actualizado a las 00:52 h.
Tanto o sábado como o domingo, en horario de 11 a 22 horas, o Concello de Bueu organiza un Mercado de Nadal na carpa de As Lagoas con preto dunha vintena de establecementos de comercio, produción local, artesanía e no que tamén haberá opcións gastronómicas diversas. Esta proposta busca «converter As Lagoas nun centro comercial e que a cidadanía tome conciencia do tecido local e da súa importancia», precisou a concelleira Silvia Carballo.
Este sábado, ademais, sesión vermú co grupo Covers Lovers (13 h.) e unhas xornadas gastronómicas. E, ás 17 horas, Polo Correo do Vento ofrecerá un contacontos e, dende as 20 horas, Os Saljariteiros amenizarán a velada.