24 nov 2024 . Actualizado a las 20:26 h.
Arturo Sánchez Cidrás, mestre xubilado, investigador, escritor e xestor cultural, foi nomeado este sábado pola mañá Fillo Adoptivo do Concello de Bueu. A homenaxe tivo lugar nun pleno extraordinario que se celebrou nun Centro Social do Mar ateigado de amizades e familiares de Sánchez Cidrás.
Ademais, e paralelo a este acto, tamén se inaugurou unha exposición na Sala Amalia Domínguez Búa na que se recollen obxectos e publicacións relacionadas coa traxectoria de Cidrás no ámbito educativo e da investigación.