Actividades en Pontevedra, Bueu e Campo Lameiro polo Día dos Museos
CAMPO LAMEIRO
Con ocasión da conmemoración do Día dos Museos, programáronse este sábado distintas actividades tanto na capital provincial como en Campo Lameiro.
Así, a partires das 1230 horas, o público familiar a partir de 3 anos poderá gozar no Edificio Castelao dun espectáculo no que se mesturan narración oral, teatro de obxectos, monicreques e clown, O peirao. Esta obra, de Diáspora Teatro, ofrece contos sobre como se debe coidar a natureza.
Pola súa banda, o Museo Massó, de Bueu, súmase a esta conmemoración co obradoiro didáctico Redes de Mallo. Esta actividade, prevista para maiores de 6 anos, desenvolverase dende as 12 do mediodía. Tamén se prevé a apertura da exposición O museo crece, con cinco infografías que ilustran o estado final dos espazos e fachadas nas que se vai intervir no proxecto de rehabilitación e ampliación.
No caso do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR) de Campo Lameiro celebrará a efeméride coa entrada gratuíta.