Vero Rilo leva a obra «Elas» a Campo Lameiro

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

CAMPO LAMEIRO

BASILIO BELLO

19 nov 2024 . Actualizado a las 18:47 h.

Este venres, a partires das 19 horas, a Deputación de Pontevedra levará o circuíto +Escénicas ao auditorio Sobrino Buhigas de Campo Lameiro co espectáculo de teatro Elas, de Vero Rilo. Esta peza está dirixida ao público adulto e consiste nunha «selección de historias de vida, tanto da autora como tradicionais e froito da recollida da voz das mulleres que non tiveron nome, pero que son á súa vez unha representación de todas as mulleres». Na obra Vero Rilo representa a cinco mulleres.