Guillermo Bilbao, fisioterapueta de atención primaria: «A artrose pode aparecer dende os 45 anos, non é so unha dor de maiores»
CERDEDO-COTOBADE
Impulsa un programa que traballa na importancia do exercicio para reducir as posibilidades de pasar polo quirófano
07 sep 2023 . Actualizado a las 19:50 h.Guillermo Ogando é un fisioterapeuta de atención primaria. É dos primeiros en tratar ao paciente e convive con eles durante meses. O seu traballo é facerlle a vida máis doada. Dende o centro de saúde de Tenorio, en Cotobade, impulsa un programa para educar sobre a importancia do exercicio para evitar que a artrose acabe levando ao paciente ao quirófano para poñerlle unha prótese. «O exercicio é como unha polipíldora contra o sedentarismo», apunta sobre unha enfermidade que afecta a case 250 millóns de persoas en todo o mundo.
—A artrose afecta cada vez a máis poboación?
—É unha enfermidade dexenerativa que sempre se considerou que afectaba as persoas maiores, sen embargo se vemos os datos, a partir dos 45 anos se pode padecer. En un proceso dexenerativo a nivel articular que pode dicirse que é por desgaste, pero é moito máis complexo.
—Temos asociado esta enfermidade a xente maior, pero parece que non é así.
—Efectivamente, está asociado a xente de idade avanzada, pero dende as 45 temos xa xente con síntomas e a partir de 55 anos xa é máis habitual. Non é soamente para maiores de 80.
—Cales son eses síntomas que fan soar as alarmas?
—Polo xeral a artrose móstrase con rixidez despois de estar en reposo, sobre todo no xeonllo. Cando queres empezar a camiñar despois de estar deitado notas esa rixidez e dor nas articulacións que non te deixa mover ben. En 15 minutos empeza a funcionar mellor, pero cando te levantas sofres moito.
—É unha enfermidade sen cura?
—Si, de aí que os programas de exercicio que estamos facendo estean dirixidos a traballar todos eses síntomas dos que se queixa a xente. Non vas a consulta dun médico dicindo que tes artrose, senón dicindo que tes rixidez na xeonllo, que non es capaz de subir escaleiras cando ves de descansar. Traballamos iso.
— E que recomenda facer para ter maior calidade de vida?
—O programa de exercicio é presencial. Non só traballamos o corpo, senón que facemos unhas sesións educativas previas que son para toda a vida. Ti aquí fas uns exercicios e comprobas que mellora o xeonllo, pero se en tres meses deixas de facelos, a cousa volve a como estaba. Nas sesións educativas deixamos claro que os exercicios son para sempre, temos que entender que hai que manterse activo pola túa conta.
—Entón, o primeiro é ensinar ao paciente a unha vida activa?
—Claro, por iso as sesións educativas son previas ao exercicio. O que lle explicamos aos pacientes é iso, a manterse activo. Cando había un problema dexenerativo, tradicionalmente se lle dicía que non había solución, que o único que había que facer era cambiar e poñer unha prótese. Sabemos dende hai anos que non é así, que o exercicio non fai dano e mellora a rixidez e tódolos síntomas polos que se cansa o paciente. Non se vai desgastar máis, senón todo o contrario, vai mellorar.
—E que o que se lle recomenda
—Non hai u exercicio mellor que outro, o mellor é o que máis te gusta e o disfrutas. Se o tes como se foxe unha penitencia cando teñas a mínima escusa vas deixalo. Esa é unha das partes máis importantes, tes que ir a pasalo ben e divertirte. E tamén é importante que sexa exercicio de carga, como camiñar, subir escaleiras, que sexan cos pes apoiados no chan.
—Este programa que presentades agora o ides estender a o resto dos centros?
—Estes programas están demostrados pola ciencia que funcionan e vemos resultados en cada persoa. Imos empezar en Tenorio, pero temos pacientes de Ponte Caldelas, A Lama e todo o concello de Cerdedo-Cotobade. Proximamente lle presentaremos ese programa aos médicos deses concellos. A idea é que se faga extensivo porque ten un beneficio moi grande e un risco moi baixo. Os programas de exercicios non teñen nin a metade de risco que ten unha operación ou o consumo de fármacos. É son baratos comparado co custo que ten unha operación para o sistema sanitario. Por iso a recomendación internacional é que se faga neste orden e no caso de fracasar pasar a seguinte fase. A idea é que se faga extensivo a outras unidades de fisioterapia de atención primaria.
—Menos fármacos e máis exercicio?
—Si, o exercicio é a polipíldora, que ten beneficios para problemas cardiovasculares, o cancro,... o sedentarismo é o gran problema das sociedades industrializadas.