28 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presidirán a homenaxe que se lles prodigará aos canteiros galegos na Alameda de Aguasantas ás 13 horas co descubrimento dunha escultura cedida pola Escola de Canteiros de Poio. Ao remate deste acto, terá lugar un aperitivo no que poderá participar o público asistente á homenaxe.