
06 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Poio acolle dende as 16.30 horas de hoxe a cuarta xornada da Liga Atlántica de Billarda, na que participan entre 60 e 80 persoas de seis equipos: Poio, Pontevedra, Marín, Vigo, Sanxenxo e Bueu. A cita desenvolverase no pavillón o IES de Poio ante a previsión de choiva. O equipo de Poio é o segundo máis numeroso xunto con Sanxenxo, e conta con 18 xogadores.