A Escola de Acordeóns de Campelo, 45 cumpreanos co seu segundo disco, «Beiramar 74»

Alfredo López Penide
L. Penide POIO / LA VOZ

POIO

CONCELLO DE POIO

17 dic 2024 . Actualizado a las 16:12 h.

A Escola de Acordeóns de Campelo, agrupación xurdida en Poio en 1980, acaba de publicar o seu segundo traballo, Beiramar 74, coincidindo coa celebración do seu 45 aniversario no ano 2025. Deste xeito, integrantes desta colectivo, dirixido por Juanjo Mariño, presentaron este martes o disco no concello, onde foron recibidos polo alcalde Ángel Moldes e a concelleira de Cultura, Natalia Sabarís.

A Escola de Acordeóns, que neste traballo inclúe catorce temas, un deles propio, Valse do Mare, participará activamente na programación de Nadal. Así, este venres, o grupo xuvenil ofrecerá o seu Concerto de Nadal na carpa de A Seca, mentres que o domingo a súa actuación coincidirá coa celebración do Belén Vivinte, organizado pola Asociación de Mulleres Rurais Santa Trahamunda na contorna da Igrexa de San Martiño.