21 dic 2024 . Actualizado a las 05:00 h.
Tras recibir asesoramento sobre as súas composicións, melodías e arranxos, gravar as súas maquetas en formato Mp3 e editar un vídeo musical, as tres bandas que participan no Poio Sesións, o programa de aceleración musical impulsado polo Concello de Poio, subiranse, a partires das 20 horas, ao escenario da carpa Poio Máxico, instalada na Seca.
Deste xeito, Fol de Lume, na categoría de música folk, Caos Harmónico, en música rock, e Arroww, como música urbana-electrónica, terán ocasión de amosar todo o aprendido durante estas semanas nun concerto que estará acompañado pola proxección dos vídeoclips que gravados en diferentes espazos do municipio.