Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Segunda edición da Xuntanza de Maiores de Poio

POIO

CONCELLO DE POIO

30 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Preto de cincocentas persoas participarán este domingo na segunda Xuntanza de Maiores de Poio, unha iniciativa posta en marcha o ano pasado. A carpa instalada na Reiboa, na Seca, recibirá a partir das 13 horas, aos asistentes, na súa maioría veciños de Poio, aínda que tamén participarán persoas achegadas dende concellos limítrofes, precisaron dende o goberno local.