O legado de María Victoria Moreno

chelo lago

PONTEVEDRA CIUDAD

14 may 2011 . Actualizado a las 10:50 h.

1Cumpliuse a vontade da profesora e escritora María Victoria Moreno. A súa biblioteca particular xa está no centro no que impartíu a súa docencia ata o seu pasamento, o IES Torrente Ballester. A familia da autora, falecida o 21 de novembro do 2005, participou no acto de recepción dos libros doados, que se desenvolveu no instituto. Pedro Iturburúa, vicedirector do centro, comentou que a biblioteca da profesora desaparecida consta duns 4.500 libros, pero aínda non están todos catalogados. «Como curiosidades -engadíu-, trátase fundamentalmente de literatura, e moi proporcionada entre libros en castelá e en galego. Tamén hai bastantes libros adicados polos escritores amigos, con dedicatorias moi curiosas e bonitas». No legado vese a paixón que a profesora tiña por Cervantes e máis concretamente por El Quijote. «Temos tres baldas dedicadas exclusivamente a Cervantes. Tamén alomenos trece edicións diferentes do Quijote, e uns 150 libros de estudos sobre esa obra».

Xa no acto, o director do centro, José Ramón Couto, agradeceu á familia da escritora, Pedro, Begoña e Jaime, a súa xenerosidade e subliñou a figura de Mª Victoria Moreno, «que non sendo galega, actuou e viviu como galega», especialmente nuns tempos nos que o uso da lingua non era doado, «contribuíndo a revitalizala». Couto dixo que a homenaxeada, que xa lle da nome a biblioteca do centro, foi sempre «rebelde por natureza, máis rebelde no interior que no exterior». E tamén subliñou a súa faceta como profesora, loando «a súa capacidade de ver nos alumnos algo que os demáis quizáis non viamos». No acto interviron tamén varios alumnos, interpretando unha peza a violín, como Aldara Otero, ou lendo textos da profesora, como, entre outros, Adriana Ferrín. Tamén sumáronse á lectura os propios docentes. Os familiares da desaparecida, o seu viuvo, Pedro Ferriol e a súa filla, Begoña Llácer, entregaron os premios do primeiro certamen de narrativa organizado no centro, e abriron o panel identificativo da sección da biblioteca onde figuran os libros doados. Os responsables do instituto queren que todas as persoas interesaedas podan consultar os libros do legado, convertindo a biblioteca nun espazo aberto non só á comunidade escolar. «A ampliación está feita coa idea de que nalgún momento poidera ser unha biblioteca de barrio, que poidera vir xente de fóra a traballar e estudar, pero non depende de nós. Nós o que podemos facer e mantela aberta en horario lectivo», resaltou Pedo Iturburúa.

Afortunados

2A deusa Fortuna deixou en Pontevedra, por medio da lotería nacional, 600.000 euros. O número 11.006 obtivo o primeiro premio, e dous billetes completos, con 20 décimos, vendéronse na administración de lotería número 5, na rúa Don Gonzalo. O seu propietario Ignacio Medina, apelou ao «secreto de confesionario, como los curas» para non dar nin unha pista dos afortunados. O que di é que polo seu establecemento pasaron seis ou sete clientes que resultaran agraciados co premio, pero que «muchos no revisan los décimos hasta el lunes». De todas formas subliñou que está moi repartido, e non lle consta que vendera máis dun por persoa. Os décimos despacháronse no propio local e mostrouse feliz de que alomenos unha das persoas afortunadas o necesitaba. «La semana pasada me comentó con mucho disgusto, que a su marido lo acababan de mandar al paro», dixo Ignacio Medina.