Pontevedra fala en galego cunha nova edición do En3vistas

Dani Cons / S.B. PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

O concelleiro de Xuventude e Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentando o cartel da programación do En3vistas 22.
O concelleiro de Xuventude e Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presentando o cartel da programación do En3vistas 22. DANI CONS

Novos convidados sentaránse para falar da súa profesión e o idioma entre o 18 e 22 de xullo

08 jul 2022 . Actualizado a las 18:00 h.

O galego volverá a recorrer as rúas da cidade de Pontevedra grazas á chegada da terceira edición do En3vistas, un programa que sentará a diversas personsalidades de diferentes ámbitos que empregan o galego na súa profesión e o seu día a día. Unhas entrevistas que encherán a cidade entre o 18 e 22 de xullo, co obxetivo de dar a coñecer estas persoas que fomentan e dan visibilidade ao idioma.

O galego é o protagonista deste xa coñecido formato, pero non é o eixo central a través do que xira o programa. «Queremos falar de camiños de encontro ou reencontro coa lingua en diversos ámbitos, orixes e camiños vitais. Buscamos amosar a persoas que, consciente ou inconscientemente, son referentes en galego, e queremos coñecelos máis alá da lingua», expoñía o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, na presentación do cartel oficial do En3vistas.

Cinco días no que as rúas da Boa Vila acollerán unha serie de entrevistas a 12 persoas que empregan e diginifican o idioma nos deus determinados ámbitos de profesión e ciclos de vida. Campos como son a música, a literatura, o deseño, o mundo empresarial, a ciencia e a recente creatividade dixital.

O inicio deste programa será o 18 de xullo no Campillo de Santa María, que comezará co mundo da música da man de dous grandes artistas da terra, como son o xove artista folktrónico, Baiuca, e a recoñecida cantante María Xosé Silvar, que responde ao nome artístico de Sés. Dúas figuras da música en galego que falarán sobre a súa profesión, que sempre vai acompañada do idioma.

Así mesmo farán as tres escritoras Ledicia Costas, Dores Tembrás e Antía Otero ao día seguinte, día 19, no cruzamento entre as rúas Peregrina e Daniel De La Sota, un lugar preto de librerías, idóneo para falar de literatura en galego.

O día 20 de xullo sentaránse, nas inmediacións do renovado Ponte do Burgo, os empresarios artesanais Elena Ferro, coñecida no mundo dos zocos, e o catalán afincado en Galicia, Jordi López, creador da marca de camisetas AiFalaches.gal, con deseños onde a linguaxe é total protagonista.

E xa os últimos días poderemos escoitar ao doutor Ángel Carracedo e a escritora Loli Beloso, o día 21 de xullo, nos Xardíns do Doutor Marescot, así como os tres creadores dixitais, Nee Barros, Eric Dopazo e María Rúa Rodríguez, máis coñecida como Pradorúa, que contruirán unha das entrevistas máis actuais e novidosas deste programa, falando da presenza e uso do galego na era dixital.

En cada unha destas 5 entrevistas, que comezarán sempre as 20 horas, teráse a presenza da xornalista Susana Pedreira, que fará de moderadora e aportará o seu coñemecemento e capacidade comunicadora para sacar o mellor de cada un dos entrevistados.

«Facer estas entrevistasen en Pontevedra é un orgullo, porque as podemos facer nas rúas, en espazos recuperados para o disfrute de todos nós. Que a xente que se atopa facendos outras cousas, poidan atoparse no medio da rúa con estas entrevistas e coñecer ás persoas entrevistadas de maneira normal», recollía o concelleiro.

As rúas e os espazos de cidade pontevedresa serán os escenarios destas entrevistas, que tamén poderánse disfrutar en directo a través da conta de @pontevedrate, ou en diferido no enlace ponte.gal/en3vistas.

«En resumo, un proxecto no que buscamos amosar a quen está traballlando con normalidade, desenvolvendo a súas vidas en galego. Crear referentes, que en varias ocasións xa o son, e dalos a coñecer e facer da nosa lingua, se cabe, unha lingua moito máis internacional», remataba o concelleiro Ángel Oubiña.