Visitas guiadas en Pontevedra a «Fuxan os Ventos. 50 anos de historia»
PONTEVEDRA CIUDAD
A mostra pódese visitar no Pazo da Cultura ata o 13 de novembro
13 oct 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Ata o 13 de novembro pode visitarse no Pazo da Cultura de Pontevedra a mostra Fuxan os ventos. 50 anos de historia —de martes a venres de 18 a 21 horas, sábados de 12 a 14 h. e de 18 a 21 h. e domingos e festivos de 12 a 14 h. Os luns pecha—, mostra para que se habilitou unha visita guiada por membros do grupo e destinada a un público adulto o vindeiro 26 de outubro, ás 18 horas. As inscricións xa están abertas no apuntate.pontevedra.gal.
De igual xeito, as visitas escolares, destinadas especificamente a alumnado de Bacharelato de Artes ou departamentos de música, serán os 22 e 30 de outubro debendo xestionarse a través de escolarespazodacultura@gmail.com.
Esta exposición, que «pon en valor o percorrido da emblemática agrupación musical galega», amosa «numeroso material fotográfico, instrumental, sonoro e pezas inéditas, achega de compoñentes do grupo, institucións e particulares!. Está comisariada por Sabela Fraga e conta con Melania Freire como directora de arte e con Noa Díaz coordinando o proxecto.