Lois Patiño presenta «Samsara» en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Ramón Leiro

A proxección cinematográfica foi a segunda das actividades previas á gala dos Premios Feroz 2025

17 oct 2024 . Actualizado a las 10:22 h.

Este mércores, o director vigués Lois Patiño presentou na Facultade de Comunicación de Pontevedra a súa película Samsara, no que foi a segunda das actividades previas dos Premios Feroz 2025 que se entregarán o 25 de xaneiro no Pazo da Cultura. Este filme obtivo o Premio Especial do xurado na sección Encounters da Berlinale 2023 e foi candidata ao Premio Feroz Arrebato de No Ficción en 2024.

Ramón Leiro

Os Premios Feroz 2025, que destacan o mellor da produción audiovisual española do ano para a prensa especializada, están patrocinados polo Concello de Pontevedra así como por Legado Ibérico, marca premium do Pozo Alimentación e líder no sector do ibérico. Ademais, contan coa colaboración de Audi e co financiamento do Goberno de España, a través do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) do Ministerio de Cultura.

Ramón Leiro

Dende o Concello de Pontevedra engadiron que a Asociación de Informadores Cinematográficos de España (AICE) é un grupo plural de máis de 250 xornalistas e críticos dedicados a informar sobre cinema en televisión, radio, prensa e Internet de todo o país. Desde 2014 entregan os Premios Feroz para destacar o mellor da produción audiovisual española do ano.

Ramón Leiro

Ademais dos galardóns anuais, a asociación outorga o Premio Feroz Zinemaldia no Festival Internacional de Cinema de San Sebastián, o Premio Feroz Puerta Oscura no Festival de Málaga e o Premio Feroz Cinema Jove á mellor curtametraxe no seo do festival do mesmo nome. A AICE tamén organiza o festival Lo que viene, o campus de cinema e series La Inmortal en Zaragoza e o programa de formación en xornalismo de cinema e series María Luz Morais.