Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O Ateneo de Pontevedra organiza unha homenaxe a Alfonso Zulueta

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

SANDRA ALONSO

19 dic 2024 . Actualizado a las 13:18 h.

Con entrada libre ata completar o aforo, o Ateneo de Pontevedra organiza esta tarde, a partires das 19 horas, na Casa das Campás unha homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz con motivo do centenario do seu nacemento, en 1924. No transcurso deste acto presentarase o libro Alfonso Zulueta. Unha humanidade vivida, coeditado por Editorial Galaxia, Editorial SEPT e Fundación Penzol.

Intervirán Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra, Rafael López Torre, escritor, Guillermo Campos, xornalista, Pilar Allegue, filósofa e escritora, Fernando Filgueira Iglesias, médico e padroeiro da Fundación Filgueira Valverde, e Antón Vidal Andión, presidente do consello de administración de Editorial Galaxia.