Homenaxe en Caldas ao falecido Dani Postas

Alfredo López Penide
L. Penide CALDAS / LA VOZ

PORTAS

CONCELLO DE CALDAS

O Concello porá o nome de que foi director durante dez anos da Banda de Música á sala de ensaios principal da Escola Municipal de Música

13 jun 2024 . Actualizado a las 16:30 h.

Este domingo, o Concello de Caldas homenaxerá a Daniel Portas, falecido en febreiro deste ano, pola súa traxectoria como músico e como director durante dez anos da Banda de Música Municipal de Caldas. O tenente de alcalde Manuel Fariña, tras precisar que a homenaxe terá lugar na Escola Municipal de Música ás cinco da tarde, anunciou que se porá o nome de Dani Portas á sala de ensaios principal da Escola Municipal de Música.

Na homenaxe contarase coa presenza de David Rivas, compositor zamorano dunha marcha-procesión de homenaxe a Portas que será interpretada pola Banda Municipal.