Sanginés

Carlos H. Fernández Coto
Carlos H. Fernández Coto SECCIÓN ÁUREA

SANXENXO

El alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, y el rey emérito,  a la puertas del Real Club Náutico de la villa en su visita de este mes
El alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, y el rey emérito, a la puertas del Real Club Náutico de la villa en su visita de este mes CAPOTILLO

«A visita da súa maxestade esta fin de semana a Galicia abriu a caixa dos tronos, que nunca chegamos a pechar, sobre o nome de Sanxenxo»

24 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A visita da súa maxestade esta fin de semana a Galicia abriu a caixa dos tronos, que nunca chegamos a pechar, sobre o nome de Sanxenxo. Co rancio e casposo respaldo da RAE, xorden moitas voces reivindicativas do Sangenjo dos anos da marbellización, e ata agora se atreven con Sanjenjo, un termo propio de admiradores de Belén Esteban.

Emerxen os talibáns que din que non dicimos London cando falamos da capital británica, polo que en castelán —español— non pinta nada a pronunciación de Shakira. Rozan a incoherencia, por moitos motivos, porque a Carballo non lle chamarían Roble, e á Estrada tampouco La Carretera, pero seguen nas súas trece, ignorando razóns lingüísticas, que segundo eles se aproban en Madrid. Ignoran que a parroquia principal do concello se chama San Xenxo de Padriñán, xusto a que contén o núcleo urbano principal do municipio. Igual en castelán debería dicirse San Ginés, ou simplemente Sanginés.

Vaia casualidade, por outra parte, que Allen Sanginés sexa un empresario mexicano moi amigo de don Juan Carlos e de Corinna Larsen. Igual hai que darlle unha volta. A verdade é que a un galego racional non lle escoitaremos dicir nomes como Mugía, Lage, Rianjo nin Boqueijón, e se o escoitamos xa sabemos que se trata dun fodechinchos, especie maioritaria nos veráns de Sanxenxo.  

É certo que cada quén pode chamarlle como queira a calquera vila, como a calquera persoa, pero hai medios de comunicación —subvencionados— que seguen informando á cidadanía de xeito errado e creando dúbidas. Incumpren a función social que deben cumprir, e deben revisarse esas axudas.