29 oct 2022 . Actualizado a las 05:00 h.
A partires das nove de esta noite, a compañía Ste Xeito Producións porá en escena no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo a súa peza teatral Loló e Mamá. Esta obra está promocionada e promovida pola Deputación de Pontevedra dentro do programa Tornar ás Táboas.
A obra iniciase no momento no que «mamá queda no paro e decide instálase na casa da súa filla, Loló, a un océano de distancia. Mais o que semellaba unha idea xenial que axudaría a xuntar a unha familia desestruturada dende sempre, pronto se transforma en desastre».
A entrada para asistir a esta «danza teatral» chea de «un humor fino e ácido» é gratuíta con aforo reducido estando recomendada a peza teatral para un público maior de 12 anos.