Onde estabas en 1981, cando se aprobou o estatuto? Vinte persoeiros galegos contestan

Mila Méndez Otero
Mila Méndez REDACCIÓN / LA VOZ

EL PUEBLO GALLEGO

Non foi un ano calquera. O 1981 comezou axitado co 23F e en Galicia viviuse un fito transcendente.Isto é o que lembran da primavera na que mudou a nosa historia, e a idade que tiñan daquela. E ti, onde estabas? Que facías. Contaoo aquí. La Voz entrega mañá un exemplar conmemorativo baixo a histórica cabecera «El Pueblo Gallego»

24 abr 2021 . Actualizado a las 20:05 h.

Roberto Verino
Roberto Verino BENITO ORDOÑEZ

Roberto Verino

Verín. Deseñador. Tiña daquela 36 anos

«Estaba poñendo en marcha a marca Roberto Verino, dalgún xeito, a nosa autonomía coa empresa francesa coa que levaba anos vinculado. Na moda, moitos fixemos un gran esforzo por que Galicia tivese o recoñecemento de país».

Luz Casal
Luz Casal ANGEL MANSO

Luz Casal

Boimorto. Cantante. Tenía entonces 22 años

«Estaba en Madrid, trabajando en el que sería mi primer disco. Hoy hemos olvidado aquellos años tristes, cuando muchos, mi familia, tuvieron que irse».

Marisol Soengas
Marisol Soengas Amparo Garrido

Marisol Soengas

Agolada. Microbióloga. Tiña 13 anos

«Na Coruña, no instituto. Comezouse a falar algo máis de Galicia e en galego, teño o recordo desa sensación de recoñecemento».

Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado CESAR QUIAN

Miguelanxo Prado

A Coruña. Debuxante. Contaba con 23 anos

 «Estaba en Barcelona. Fun votar ás primeiras eleccións ao Parlamento galego de 1981. e teño fixado aquel sentir activista na Escola de Arquitectura».

Marilar Aleixandre (Madrid, 1947).
Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). Paco Rodríguez

Marilar Aleixandre

Madrid. Académica da Real Academia Galega, tiña 34 anos

«Estaba en Vigo, era profesora de Bioloxía e estaba na lista negra do 23F. Hoxe creo que segue sen cumprirse a defensa da lingua que fixa o Estatuto».

Tarsy Carballas

Taboada. Cienfítica del CSIC, tenía 46 anos

«¿Qué hacía? Estaba peleando por que los políticos hicieran caso de nuestros trabajos sobre los incendios. A mí me ofrecieron ser política, pero no quise».

Domingo Villar
Domingo Villar M.MORALEJO

Domingo Villar

Vigo. Escritor, contaba 10 anos

 «Estaba descubrindo a Astérix. Galicia cambiou moito, coma min. Vivía os cambios cos ollos dun neno, con naturalidade».

Nieves Brisaboa
Nieves Brisaboa ANGEL MANSO

Nieves R. Brisaboa

A Coruña. Catedrática en Informática. Tiña 23 anos

 

«Estaba en Madrid. Lembro unha Galicia pouco orgullosa de si; co Estatuto colleu un novo pulo e, ao transferirse a Educación, convocáronse as oposicións que me permitiron volver».

Pepe Coira
Pepe Coira Íñigo Rolán

Pepe Coira

Rábade. Guionista e cineasta, contaba 17 anos

«Foi un ano moi desexado porque foi cando fun estudar a Santiago, á universidade. Lembro esa sensación de liberdade, pero tamén de certo desencanto pola alta abstención no referendo».

Fernando Romay
Fernando Romay EDUARDO PEREZ

Fernando Romay

A Coruña. Jugador de baloncesto, tenía 21 anos

«Estaba entre Sevilla, por la mili, y Madrid por el Real Madrid. Era mi segundo año, con muchos partidos por Europa y la cabeza en Galicia, como la otra quinta parte de los gallegos que andaban por ahí, fuera».

Isabel Naveira
Isabel Naveira ESTEVO BARROS

Isabel Naveira

Arteixo. Actriz, contaba 5 anos

 «Lembro máis o 23F e a pistola de xoguete que lle regalaron polo aniversario a un amigo, o susto cos disparos de mentira».

Juan Manuel Vieites
Juan Manuel Vieites Sandra Alonso

Juan Manuel Vieites

Vigo. Presidente da CEG, tenía 28 años

«Me acababa de incorporar hacía apenas un año al departamento técnico y de investigación de Anfaco. Lo recuerdo como algo hecho con mucho "sentidiño", con concordia y un consenso tremendo, y eso es algo que ahora echo de menos. Lo viví con alegría, porque los gallegos íbamos a tener un buen marco jurídico para defender lo nuestro».

Iván Ferreiro
Iván Ferreiro EDUARDO PEREZ

Iván Ferreiro

Nigrán. Músico, 10 años entonces

«Era un niño, escuché algo sobre el Estatuto y le hice las primeras preguntas a mis padres por Galicia. Y a mí, por el mundo en general».

Marta Míguez
Marta Míguez Santi M. Amil

Marta Míguez

Cortegada. Exdeportista olímpica e ex secretaria xeral para o Deporte da Xunta. 12 anos daquela

«Na miña casa a impresión sobre o Estatuto de Autonomia de Galicia non foi nada romántica. Ninguén foi aplaudindo polo autogoberno galego, precisamente; máis ben, a idea foi que daquela habia mais politicos que manter, pero que os pobres ían seguir sendo pobres».

Julian Hernández
Julian Hernández PABLO MARTIN

Julián Hernández

Vigo. Miembro de Siniestro Total. Tenía 20 años 

 «En 1981 tuvimos el accidente del que salió el nombre del grupo y en diciembre Siniestro Total dio su primer concierto. Yo guardé algunos carteles del referendo que luego alguien me tiró».

Justo Beramendi
Justo Beramendi XOAN A. SOLER

Justo Beramendi

Madrid. Historiador, contaba 21 anos

 «En 1981 eu era secretario técnico do Colexio de Arquitectos de Galicia, ao tempo que iniciaba o meu doutoramento en Historia na Facultade de Santiago e publicaba o meu primeiro libro en galego (sobre Vicente Risco). Por suposto todos falabamos do Estatuto, uns en contra, outros a favor, pero a tensión política arredor deste asunto decaera moito na sociedade despois de que o ano anterior a resposta cidadá impedira unha autonomía galega de segunda división, o que, xunto coa seguridade de que sería aprobado, explica a escasa participación do referendo de decembro de 1980. Por outra parte, o impacto do 23-F desviou en parte as preocupacións políticas noutra dirección neses meses».

PACO RODRÍGUEZ

Maica Bouza

A Coruña. Sindicalista, tiña 15 anos

«Estaba estudando. O meu recordo máis nítido son as mobilizacións na Coruña polo mantemento da capitalidade».

Marisa Crespo
Marisa Crespo EDUARDO PEREZ

Marisa Crespo

Cea. Cardióloga do Chuac, 20 anos daquela 

«Estaba estudando Medicina coa miña irmá en Santiago. Acórdome da campaña ‘‘Aínda que chova, vota'', e que fomos votar. Era importante».

Julio Abalde
Julio Abalde CESAR QUIAN

Julio Abalde

Reitor da UDC. Vigo. Tiña 25 anos

«Estaba iniciando os estudos de doutorado, en Santiago. Acabei a carreira en 1978, en no 79 marchei facer a mili. En marzo do 81 estaba iniciando a miña labor investigadora, adicada ás microalgas. Aínda presentei a tese cinco anos despois».

 

Pepe Solla
Pepe Solla CONCELLO DE POIO

Pepe Solla

Poio. Cociñeiro, tiña 14 anos

«Estaba estudando e dándolle ao skate. Con 14 anos non era consciente. Si comecei máis adiante a sentir o que é ser galego».

Carlos Barros
Carlos Barros Álvaro Ballesteros

Carlos Barros

Vigo, historiador e organizador da grande manifestación proautonomía do 4 de decembro de 1977. Tiña 35 anos

«Pese as grandes manifestacións dos anos anteriores había un ambiente frío. Tivemos que improvisar moito e combater a oposición ao Estatuto do nacionalismo de esquerdas, que hoxe supoño lamentarán. Hoxe a participación sería masiva, como animamos nun mitin precioso no que participei en Castrelos xunto a Xaime Illa Couto e Manuel Soto».

Con información de Mónica P. Vilar, Maite Rodríguez. Montse Carneiro e Carlos Punzón