O Grundig 402i tamén ten integrado o dicionario preditivo T9 en galego para enviar SMS máis doadamente.
29 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.Tal e como informa a Mesa pola Normalización Lingüística, a compañía Movistar lanzou ao mercado un móbil que xa dá a opción do galego, o Grundig 402i, fabricado por Vitelcom. O aparello ten tamén integrado o dicionario preditivo T9 en galego para enviar SMS máis doadamente. Até a saída deste terminal, Alcatel era a única compañía de móbiles que ofrecía o galego como lingua operativa. O Grundig 402i é moi completo no tocante á multimedia, permitindo a gravación e reprodución de vídeo e a sintonización de radio FM. Permite comunicacións bluetooth, infravermellos e USB.