City4boqueixón, a nova aplicación para mellorar a comunicación entre o concello e os veciños
OCIO@
Esta ferramenta permitiralle aos veciños de Boqueixón notificarlle incidencias á Administración local e recibir avisos da mesma a través do móbil
18 jul 2014 . Actualizado a las 17:29 h.Recibir notificacións e avisos da Administración local ya é posible, polo menos en Boqueixón. City4boqueixón xa é unha realidade. A presentación da nova aplicación correu a cargo do alcalde, Jesús Sanjuás Mera, e o responsable de Implantación de eLABORO, SL, Pablo Garrido.
City4boqueixón é unha nova ferramenta que nace para potenciar a interacción entre veciños e Administración local, ao facilitar unha nova canle de comunicación de dobre sentido entre ambos. Todos os que dispoñan dun móbil Android xa poden descargarse de balde a aplicación en Google Play e notificar directamente calquera incidencia, colaborando así nunha máis áxil solución sen, practicamente, intermediarios. Unha vez instalada no teléfono, o usuario só ten que indicar a incidencia e a súa localización. Esta información seralle derivada ás persoas responsables de resolver o problema e o veciño recibirá unha mensaxe confirmándolle tanto a recepción da incidencia como a súa solución, unha vez executada.
Outra opción que terán os veciños de Boqueixón é o envío de suxestións. Esta última prestación creouse especificamente para City4boqueixón, xa que unha das características desta ferramenta é a súa adaptabilidade ás necesidades de comunicación de cada concello, de xeito que se deseña como «un traxe a medida».
O Concello poderá enviar os seus avisos urxentes nos que a inmediatez é crucial, como casos de persoas perdidas, temporais, desprendementos en estradas, cortes de auga ou outros. Este sistema de avisos é unha mellora de City4boqueixón que se está a poñer en marcha este ano, potenciando así as posibilidades de interactuar de xeito inmediato cos veciños.
Con City4boqueixón os responsables locais poderán facer un seguimento constante da xestión das incidencias detectadas nos servizos e espazos municipais, como auga, rede de sumidoiros, mobiliario urbano ou espazos verdes. Dende o concello poderán publicar mediante a aplicación todas as novas relacionadas coa actividade municipal. Os usuarios disporán nos seus smarthphones de calquera noticia de carácter institucional: cursos, actividades municipais, ofertas de emprego ou viaxes organizadas.
eLABORO S.L é unha empresa de capital galego que desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da consultaría tecnolóxica e de organización, especialmente no eido da Administración pública e das grandes corporacións. Con sede en Santiago de Compostela e delegacions en Madrid, Logroño e Sevilla, implantou as súas solucións tecnolóxicas en diversos puntos do territorio español: Xunta de Galicia, Gobierno de Navarra, Generalitat de Catalunya, Diputación de Granada, Cádiz, Gijón, Terrassa, Cáceres, Pontevedra?).