O fotógrafo mostra imaxes da fame en seis países de tres continentes Organizada pola ONG Acción contra el hambre, o Museo do Pobo Galego ofrece a exposición «El color del sur», do fotógrafo Xurxo Lobato. Son fotos cheas de luz e cor feitas en seis países nas que Lobato «ha vestido de belleza la desventura», como di nun dos textos do catálogo o profesor Ramón Núñez. Esta mostra inaugúrase hoxe ás 20.00 e estará aberta ate o 31 de marzo.
01 mar 2001 . Actualizado a las 06:00 h.Esta serie fotográfica de Xurxo Lobato, redactor xefe de Imaxe de La Voz de Galicia, compón un recorrido por seis países de tres continentes, tan opostos xeográfica e históricamente como na adversidade sociopolítica que vive cada un deles, pero que non por eso é menos dramática. Son fotos feitas en Guatemala, Nicaragua, Armenia, Kosovo, Sáhara e Angola, da cara humana dos que viven no sur da acaudalada América do Norte, o sur do este da acomodada Europa e no norte de África, que está o sur do sur. É unha reportaxe sen palabras da realidade da fame. A montaxe El color del sur chega a Compostela depois de ter recorrido diferentes centros de todo o Estado, entre eles a Domus de A Coruña, a sede en Madrid do Instituto de Crédito Oficial (ICO) e Pamplona. E faino da man dunha organización humanitaria internacional, presida por Jorge Semprún, especializada na loita contra a fame nos coarenta países nos que opera con programas de nutrición, auga, saneamento, agricultura e saúde pública, uns retos cos que consegue mellorar a calidade de vida duns tres millóns de persoas cada ano. Daí que o cooperante e responsable da misión de Acción contra el Hambre en Guatemala e Nicaragua, Nicolás Berlanga, diga que o traballo fotográfico que se mostra nesta montaxe «no es una exposición de la compasión, sino de la injusticia». O autor destas fotografías acumula, ademais da faceta profesional en diferentes xornais e revistas, unha longa carreira como reporteiro gráfico, con traballos en exposicións individuais e colectivas, así como en libros monográficos ou ilustrando obras de destacados escritores.