RÚA DO PENEDO

La Voz

SANTIAGO

ROSA MARTÍNEZ MI CALLE

13 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Hai anos que non a piso. Pero sempre me comprace ollala ó pasar pola avenida Santiago de Cuba. Só teño que erguer a mirada un chisco e alí está. O Penedo, unha rúa de barriada á que certo día, en tempos aínda do réxime, alguén decidiu burocratizar co nome de Corredera de la Campsa logo de que a compañía petrolera instalara alí as súas dependencias en Compostela. Un inmoble recorda aínda a súa presencia de antano nuns terreos que agora ocupa, en parte, outra firma forte, Telefónica. Pero non foi o relevo empresarial o único que mudou nos últimos lustros no Penedo, esa rúa onde a vida cotián sempre estivo presidida polo longo bloque de vivendas sociais dos anos sesenta. Un bloque que aínda permanece cunha envidiable vista cara o núcleo histórico de Conxo por un lado e ó ensanche e o Castiñeiriño, por outro. Novas construccións foron achegando o punto máis tradicional da rúa á aínda arteria principal de Conxo. E novas construccións crecen tamén do outro lado de Sánchez Freire e García Prieto, no que é a prolongación do Ensanche. rmartinez.santiago@lavoz.com