Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Unha mostra ilustra como eran os xoguetes populares galegos

Concha Pino SANTIAGO

SANTIAGO

MARTA DABLANCA

A exposición ábrese o día 12 no Museo do Pobo en homenaxe aXocas A montaxe reúne, ademais de 150 pezas orixinais e reproduccións, fotos e paneis

08 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O Museo do Pobo Galego inaugura o próximo mércores unha exposición de xoguetes populares como homenaxe a Xoaquín Lorenxo Xocas, o personaxe que conmemoran as Letras Galegas deste ano e que foi un dos promotores e fundadores deste museo histórico antropolóxico e o seu primeiro director. A mostra reúne 150 xoguetes para o disfrute individual dos nenos e nenas galegos ao longo do século XIX e ata ben entrada a metade do XX, mentras non apareceron no mercado os artiluxios que desterraron ás bonecas de trapo, de folla de millo ou lá, os coches de folla de lata, os carros de cana ou os barcos e chalanas de madeira. A montaxe coordenada pola responsable do Departamento de Educación do Museo do Pobo, Ana Estévez, e pola colaboradora do mesmo Alexa García, ofrece pezas orixinais que forman parte da colección do propio museo e da que atesouran Xosé López González e Xosé Manuel García, de Vilanova de Lorenzá, que levan anos recopilando xoguetes, fotos e información que lles permite facer reproduccións fieis como as que completan esta exposición. A característica común destes xoguetes é o seu nulo custo económico, posto que se facían con materiais de uso cotiá e que se atopan na natureza. E tamén, que a maioría facianos os propios nenos e nenas, como parte do propio xogo e da evolución da aprendizaxe e de adqusición de destrezas. Os máis elaborados están feitoss coa axuda dun adulto. Na mostra non están os xogos populares que eran colectivos, caso da billarda ou estornela, ou caño, como lle chamaban noutros zonas, ou o popular trompo. Xocas foi o primeiro en facer unha incursión no mundo dos xogos populares galegos. Os seus estudios reuniunos nun artigo titulado Enredos , que foi publicado na revista Dialectología y Tradiciones Populares , de Madrid, con 48 debuxos feitos por el mesmo que ilustraban os xoguetes. O valor dos xoguetes non é so artesanal ou histórico, senón tamén antropolóxico, etnográfico e filolóxico. os que se poden ver nesta mostra forman parte da historia colectiva e individual.