
Será incorporada en todas as convocatorias públicas e no relacionamento con empresas Manuel Portas espera que se asuma un proceder aprobado por vez primeira en 1988
10 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.? Concello incorporará unha cláusula lingüística en favor do uso do idioma galego na documentación que regula as diferentes fórmulas de contratación administrativa. Esa cláusula tamén será incluída nas bases das convocatorias de axudas e subvencións en que se encontren envolvidas as diferentes áreas municipais. Esta medida comezou a ser xeralizada onte nas dependencias do goberno local, ao pasar unha circular sobre o asunto o relator municipal de Política Lingüística, Manuel Portas. «Moitos departamentos xa fan isto, pero en outros observamos algúns esquecementos que se pretenden evitar. Os tres grupos municipais apoiaron por unanimidade o Plano de Normalización Lingüística de Santiago, o primeiro aprobado no país, en que constan iniciativas como esta, consensuadas socialmente», afirma Manuel Portas. Por iso confía que «todos asuman este proceder, tanto empresas como asociacións de todo tipo, e desenvolver así o uso do idioma en actividades de carácter social». Este edil insiste en que «o Concello ten de actuar como motor de normalización lingüística». A cláusula lingüística non é novidade, indica Portas, pois consta no Regulamento de uso do galego na Administración municipal de Santiago aprobada polo pleno do Concello no xa lonxano 29 de decembro de 1988; nun acordo da Comisión Municipal de Goberno do 27 de decembro de 1993; e nunha circular interna emitida pola Alcaldía datada en 9 de setembro de 1999. Estes documentos sinalan que os estudos, proxectos e traballos semellantes que o Concello encomende a empresas externas deben ser presentados en lingua galega. E o artigo 1 do Regulamento de uso do galego dispón ser o galego o idioma oficial do Concello, «do que se deduce que a vida municipal terá o idioma do país como preferente», afirma Portas.