Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A Orde do Pemento de Herbón nomea o sábado novos cabaleiros

La Voz U. L. | PADRÓN

SANTIAGO

01 ago 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A Orde do Pemento de Herbón deu a coñecer onte os nomes das persoas e entidades que o vindeiro sábado, coincidindo coa festa gastronómica que se celebra en dita parroquia padronesa, serán investidos Cabaleiros da Orde. Nesta terceira edición serán o cura-párroco de Herbón, Anacleto Domínguez Suárez; o conselleiro de Agricultura en funcións, Jesús Santiso Miramontes; a empresa Finsa; José Ramón García Bustelo e Ángel Ron Fraga. En canto ao pemento de prata, compárteno a Casa Dios de Herbón e a Radio Televisión de Galicia. Finalmente, a distinción de sabio pementeiro é para unha muller, María de Carmen García González, o mesmo que a da xove pementeira, neste caso María Xulia Magariños Carlés. Entretanto, a parroquia ultima os preparativos para celebrar o vindeiro sábado na carballeira do Convento dos Padres Franciscanos unha nova edición da Festa do Pemento, que cada mes de agosto atrae a miles de persoas e da que disfrutan, moi especialmente, os turistas. Trátase dunha das festas gastronómicas de máis sona en Galicia e a máis importante da comarca.