Crítica | «Retruc» e «Alright love»
22 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.? palmarés final desta segunda edición de Curtocuíto apostou polas películas máis formais. ten tantas cousas que mesmo ten vocación de longametraxe. Unha historia atractiva que case podería ser corrente principal en Hollywood, con esa forma de colocar o irreal anicado entre o cotidiano, unha producción espléndida, un reparto que Antena 3 aceptaría para prime time , un interpretación boa de Belén Rueda, algunha arritmia no desenlace e mesmo unha broma final para lembralle ao espectador que nunha curta todo é máis inmediato. Pero quere ser unha longa. Alright love vai por outro lado. Non ofrece tanto luxo como a catalana, pero case é igual de consciente do seu xénero. Non hai suspense, claro. É un humor inxenuo, con esa inocencia que algún poeta desnortado pode confundir con ternura. É, en realidade, como un anuncio televisivo dunha marca de pantalóns dos que se axeitan á forma do usuario. Utiliza as mesmas fórmulas narrativas aínda que gasta un pouco de tempo. Ten un tono que, no visual e no narrativo se aproxima moito para remarcar esa tendencia neourbana dos mozos que saben o que queren pero non saben moi ben como conseguilo. É como un conto de fadas sen aparato barroco. Son dúas pezas ben acabadas e mesmo formalistas ou canónicas. É un criterio. O festival ofreceu algunhas obras con máis risco, algunhas con historias máis perturbadoras, mesmo máis conmovedoras, aínda que con algo elaboradas de aspecto. Mesmo ofreceu algunhas probas de obras moito máis conscientes de que unha curta é unha curta e non a frustración dunha longa.