O Casino abre o prazo de votacións para o Premio de Novela Europea

La Voz LA VOZ | SANTIAGO

SANTIAGO

21 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O Premio de Novela Europea Casino de Santiago abre entre hoxe e día 29 o proceso de votación para os residentes, estudantes e persoas que traballan na cidade, que son a sección A do xurado, cun 30% dos votos ponderados. Neste prazo tamén votan os socios do Casino, a sección B e un 20% na decisión. O 50% restante é dos representantes de dez institucións. As obras finalistas son Herba moura , de Teresa Moure; Nunca me abandones , de Kazuo Ishiguro; La posibilidade de una isla , de M. Houellebecq; No hay cielo sobre Berlín , de Helga Schneider; e Historia de un abrigo , de Soledad Puértolas. Poden votar no Casino ou no centro comercial Compostela marcando cun X unha das novelas.