Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A PIE DE CALLE «Hai galegos que tocan ben a gaita e xente moi famosa que o fai mal»

Margarita Mosteiro Miguel
Marga Mosteiro SANTIAGO

SANTIAGO

GAITEIRO

02 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

?artolo Miramontes Fandiño é un dos gaiteiros máis coñecidos de Galicia. Ao longo da súa vida fundou numerosos grupos de gaita (O da Salle, Lembranzas do Tambre, Santaia de Moar, Brisas da Terra, Sementes do Arte, Maruxa de Laxe...) «e teño un en San Lázaro; fixen máis de mil gaiteiros» comenta con certa tristeza. -Ninguén, eu só. Ía a tornar a vacas aquí, no monte de San Lázaro, e empecei cun punteiro. -¿Recorda a súa primeira gaita? -Tiña catorce anos cando meu pai chegoume cun punteiro; e despois meu pai e meu irmán compráronme unha gaita, que había que botarlle peito para que soara. Custou 25 pesos. -¿Agora xa as fai vostede? -¿Agora? Dende entón. E ninguén me ensinou. Goyanes de Monforte un pouco, pero despois eu só. -¿Cal é a mellor madeira? -O noso buxo, pero dedse hai pouco, e logo o ébano e máis o granadillo. -¿Que me di das gaitas da Real Banda? -Mellor non falar, non son as nosas. Eu póñome malo. Non é a nosa música. É irlandesa, escocesa ou sabe Deus de onde, pero non é galega. E logo hai que escoitar a os nosos políticos falar ben delas. -¿Temos bos gaiteiros? -Hainos que a tocan ben, e tamén hainos moi famosos que a tocan mal.