Aflamencar o popular

La Voz

SANTIAGO

27 jul 2007 . Actualizado a las 02:00 h.

Nin monarquías, nin dinastías. Esto debería valer para a política e para a arte. Pero a razón non acaba de impoñerse nestas cousas. Nas Festas do Apóstolo levamos máis decepcións que alegrías. Levamos un cartel máis surista que outra cousa.

Agora toca Estrella Morente cun disco novo que, no fondo, busca esa corrente de flamenco en fusión comercial que tan exitosamente abriu Javier Limón ao reunir ao Cigala con Bebo Valdés.

Morente filla busca unha aproximación flamenca a unha historia da música feminina en xeral. De Chavela Vargas ata Edith Piaf.

O disco acaba sendo un pouco de produción, menos autoral, máis orquestado pero quizais en directo a voz da cantante se impoña mellor a esa sensación de fío musical que atravesa todo o cedé.

O repaso é amplo e Estrella Morente ten voz. En certo sentido é como pasar polo flamenco moitas outras cousas. Pero a cantante non toma como punto de partida o flamenco máis puro. Traballa sobre el para ir aflamencando unhas melodías que aspiran a ser outra interpretación para a música popular. Que, no fondo, no fondo, é donde está o negocio.