Quén está detras da cámara 2

La Voz

SANTIAGO

10 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Non sei se por instinto ou por cultura acabamos por darlle tanta a importancia a quen di as cousas como que cousas se din. Debe ser a ditadura das circunstancias ou que fomos educados baixo os regulamentos dunha relixión monoteísta.

Nesta exposición fotográfica o importante non son as fotos como quen as fixo. En realidade ningún dos escollidos son fotógrafos como no sentido profesional nin no estritamente artístico da palabra. Son xente que practica a fotografía en paralelo aínda que quizais non coa mesma deixadez dunha excursión de xaponeses.

Son celebridades e quizais con iso xa chegue para espertar a curiosidade do espectador. Porque en Kubrick ou Picasso tería que haber determinada predisposición á fotografía. Pero Lou Reed ou Emile Zola son practicantes doutras artes e a súa disposición fotográfica pode ser a mesma de calquera outro ser humano. ¿Por que parecen estas máis interesantes?