«O segredo é prazos curtos, tiradas breves e custes baixos»

c.p. santiago / la voz

SANTIAGO

19 feb 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Tomás González comparte con Rodrigo Vizcaino, Paulo Rico e Denís Cabrera a sociedade e o traballo da cooperativa gráfica Sacauntos, unha empresa que botou andar hai preto de tres anos e que onte inaugurou un local más amplo no número 11 da rúa O Avío, en Vista Alegre. Nunha época de crise que acusa como tantos sectores o das artes gráficas, Tomás di que o segredo deles está nas tiradas moi curtas, de 50 ou cen exemplares no caso da liña editorial, Urco, en cumprir con prazos moi breves e facelo a baixo custe.

En Urco editan moitos materiais para colectivos e movementos sociais «con moita flexibilidade de pago e con prezos especiais», pero tamen traballan para selos comerciais como Rinoceronte editora ou Sotelo Blanco. E fan libros dixitais, «que aquí está pouco traballados e a prezos moi altos». A filosofía dálles resultados, «aínda que as marxes de beneficio económico son pequenas».