Última hora
Trump pone en pausa durante 90 días los aranceles a 75 países y sube los de China al 125 %

Récord de asistentes ao curso de galego para estranxeiros

tere lenza SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

Esta edición iníciase con noventa participantes de vinteseis países

06 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Universidade de Santiago inaugurou onte na Facultade de Filosofía os Cursos de Verán de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia. Estos cursos veñen celebrándose durante vintecatro anos e acadaron nesta edición o seu récord de participación, cun total de noventa alumnos inscritos.

O acto estivo presidido polo vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación da USC, Pablo Ramil, e contou tamén coa presenza do Secretario de Política Lingüística, Anxo Lorenzo; o profesor Manuel González, membro da RAG; a directora do ILG, Rosario López e o director dos cursos, Francisco Fernández Rei.

Pablo Ramil destacou a cuantía das bolsas deste ano a pesar da situación económica, que «non está para moitos alardes». O vicerreitor comentou a importancia destes cursos e do impacto que teñen sobre os participantes, que acaban sendo «embaixadores da cultura e da lingua galegas nos seus respectivos países». Nese senso, lembrou a promoción e difusión de escritores galegos noutros idiomas, como o xaponés, que xurdiron tras estas edicións. Pola súa parte, Anxo Lorenzo resaltou que estes cursos supoñen «unha oportunidade de coñecer de primeira man o que temos aquí a nivel de debate das linguas».

O alumnado inscrito este ano vén de países tan dispares como Taiwán, Australia, India, México, Chile, Marrocos ou Rusia, ademais dos procedentes doutras comunidades do Estado español, e buscan descubrir as peculiaridades da cultura galega.

O obxectivo destes cursos é o de achegar aos estudantes non só a lingua e cultura galegas, senón tamén a realidade sociocultural da nosa terra. Dentro dos cursos de galego hai distintos niveis, segundo se coñeza o idioma previamente ou non. No tocante á experiencia cultural, hai programadas diversas visitas dentro do territorio galego a lugares como A Coruña, Dombate, Ponteceso ou Combarro. No programa das leccións tamén se inclúen contidos sobre literatura, historia, xeografía e arte.