Escritores barcaleses dan nome a aulas do IES Xulián Magariños

negreira / la voz

SANTIAGO

No marco da celebración das Letras Galegas

07 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

No marco da celebración das Letras Galegas, o instituto Xulián Magariños homenaxeará o día 13 a seis intelectuais dándolle o seu nome a outras tantas aulas do centro. Trátase de catro persoeiros emblemáticos locais: Afonso Eanes do Cotón, Avelino Pousa Antelo, Xosé Luís Pensado Tomé e Xosé M. López Ardeiro, xunto a dous pintores representativos da arte galega contemporánea coma son Isaac Díaz Pardo e Maruxa Mallo.

Este acto de homenaxe vai ser aberto aos familiares e veciños, e no que o alumnado describirá a vida e obra de cada un, xusto cando se descubran os rótulos. Unha boa parte das aulas do Xulián Magariños xa teñen nomes representativos da literatura galega. Previo a esta actividade, haberá unha conferencia sobre o significado da obra de Manuel María, o homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.