25 jul 2017 . Actualizado a las 05:00 h.
O Festigal reforza, un ano máis, os días grandes do Apóstolo. Onte comezou coa sesión do DJ Bigote Mix, seguido de Son da Rúa,
o dúo gañador do concurso Novos Galegos. Pero foi Guadi Galego a aposta máis forte da xornada, xa que aproveitou o Apóstolo para presentar o seu último traballo O mundo está parado nunha noite na que tamén houbo tempo para escoitar á banda de rock galego Nao e a Raiba, que trouxo a Compostela o seu último disco Marxinación.
A aposta de hoxe é especialmente feminina, grazas ás regueifeiras da asociación Oral. A presentación de dez publicacións, o espazo de venda de libros e a galería artesanal, e o café concerto, completan a programación para o día grande.