Homenaxe a Isaac Díaz Pardo con música e poesía no seu sexto cabodano

La Voz

SANTIAGO

XOÁN A. SOLER

Será a partir das 12.30 horas no cemiterio de Boisaca

07 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

12.30 horas • Cemiterio de Boisaca • A Academia Real Isaac Díaz Pardo organiza esta mañá un acto de homenaxe ao polifacético creador con motivo do seu sexto cabodano, que incluirá música, poesía, ofrendas e alocucións.

Os actos comezarán cunha procesión cívica ata a súa tumba precedida do grupo de gaitas Os Catro de Vigo, ao que seguirá Isabel Fonseca recitando Compañeiros da miña xeración mortos ou asasinados, de Lorenzo Varela. Despois, intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, ademais de Clodomiro Montero e Afonso Vázquez Monxardín. A continuación, seguiralle un recitado con María do Cebreiro e Claudio Rodríguez Fer. Na parte final do acto de lembranza haberá una ofrenda floral a Isaac Díaz Pardo, unha solta de pombas e as palabras de Xesús Alonso Montero. O broche será con música. Os Catro de Vigo interpretarán a Marcha do Antigo Reino de Galicia e un pasodobre tradicional, e por último, soará a canción Grândola, Vila Morena.