O Caxato de Avelino viaxa a Vigo

maría rodríguez SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

A Fundación Penzol, posuidora de máis de 50.000 publicacións dende o século XV sobre Galicia, foi homenaxeada pola Irmandade de Avelino Pousa Antelo

21 ago 2019 . Actualizado a las 05:05 h.

Ánxel Casal e Avelino Pousa Antelo tiñan en común ou seu amor por Galicia, e os dous reciben sentidas homenaxes cada ano, co menos de vinte e catro horas de diferenza. O primeiro foi asasinado en Cacheiras, un lugar no que cada 19 de agosto soa o himno galego e o lugar do seu pasamento se enche de flores. O segundo decidiu vivir a última etapa da súa vida neste Concello, que xa en vida o nomeou fillo adoptivo e que no segundo cabodano da súa morte, un 20 de agosto, recibiu da súa Irmandade o simbólico Caxato, un recoñecemento que onte foi para a Fundación Penzol.

Esta entidade, con sede en Vigo, foi fundada no ano 1963 por galeguistas como Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro para manter o legado de Fermín Fernández Penzol-Labandera (1901-1981), rexistrador da propiedade que na súa etapa de estudante coñeceu a Castelao, Ramón Cabanillas e Vicente Risco. Penzol coleccionou folletos, libros, documentos, xornais revistas e moitos manuscritos sobre a lingua e historia de Galicia. Todos eles, entre os que destacan 47.000 manuais dende o século XV; uns 3.800 títulos de publicacións periódicas; máis dun cento de manuscritos de entre os séculos XVII e XIX; case trescentos pergamiños (do século XII ao XVII) e cartografía histórica; forman o legado desta fundación, que tamén promove actividades de formación, divulgación e cooperación.

Grazas a este labor, a Irmandade fixo entrega do Caxato de Avelino a membros da Fundación nun acto que sempre acolle o consistorio teense.

A xornada rematou en Os Verxeis, onde viviu Pousa Antelo e onde, ao igual que a Ánxel Casal, se lle rende unha ultima homenaxe, con palabras de recordo, música galega, e tamén flores para non esquecer.