
Compromiso por Galicia lembrou cun ramo de flores no seu busto a Daniel García Ramos, Fillo Predilecto da Baña, no 22 aniversario do pasamento do que fora maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e un dos máximos impulsores da normalización do galego na administración xudicial. CxG lamenta a falla de actos municipais.