Os Premios Minerva, do colexio Peleteiro de Santiago, xa teñen novos gañadores

m. G. SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

CEDIDA

Carmen González, do IES Fraga do Eume de Pontedeume, e Iria Pérez, IES Plurilingüe de Ames, son as gañadoras da cuadraxésimo novena edición

20 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Carmen González (IES Fraga do Eume de Pontedeume) e Iria Pérez (IES Plurilingüe de Ames) son as gañadoras da cuadraxésimo novena edición dos Premios Literarios Minerva, que están organizados polo colexio compostelán M. Peleteiro.

Carmen González impúxose con Teatro de fume na modalidade de narración, con 28 traballos finalistas. O segundo lugar foi para Noelia Fernández (IES Félix Muriel de Rianxo) e terceira quedou Mariña Maceiras (IES Sánchez Cantón de Pontevedra). Os accésits foron, por esta orde, para Candela Graña (IES María Soliño de Cangas), Alba Guzmán (IES Blanco Amor de Ourense) e Katia Tojo (colexio Peleteiro).

Pola súa parte, Iria Pérez gañou na modalidade de poesía con Triloxía utópica cuarentenaica. Paula Tubío (IES Félix Muriel) logrou o segundo premio e Candela Martínez (IES Lamas de Abade de Santiago), o terceiro. Os accésits recaeron en Alfredo José Fernández (IES Sánchez Cantón de Pontevedra), Alba Comojo (IES Félix Muriel) e Irea Pérez (IES Primeiro de Marzo de Baiona). En poesía houbo unha quincena de obras finalistas.

O xurado, que se reuniu este xoves, destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos. A entrega dos premios está prevista o 14 de abril nun acto literario no colexio M. Peleteiro no que actuará como mantedor Ramón Villares. Por outra banda, o xurado rendeulle unha homenaxe a Manuel Quintáns, recentemente falecido e membro do mesmo durante moitos anos.