Un recital e un libro reflicten o diálogo das novas xeracións de poetas con Xela Arias

La Voz

SANTIAGO

O Consello da Cultura acollerá a presentación «O equilibrio dos extremos»

29 sep 2021 . Actualizado a las 04:50 h.

18.30 horas • Consello da Cultura Galega (Tamén se pode seguir por «streaming» a través da web e das redes sociais) • O Consello da Cultura Galega (CCG) presenta esta tarde «O equilibrio dos extremos», unha publicación que pon en diálogo a obra poética de Xela Arias coa das novas xeracións de poetas. Neste libro unha ducia de escritores e escritoras escollen un poema da autora de «Intempériome» que ligaron a outro que fixeron expresamente para a ocasión. No acto desta tarde haberá un recital poético no que participan boa parte dos autores que se sumaron ao proxecto.

Nesta iniciativa participaron Lois Alcayde Dans, Tamara Andrés, Antón Blanco, Alba Cid, Berta Dávila, Alicia Fernández, Rosalía Fernádez Rial, Miriam Ferradáns, Gonzalo Hermo, Oriana Méndez, Arancha Nogueira e Ismael Ramos. Todos eles comparten o feito de que naceron a partir dos anos 80, o que permite fusionar diferentes xeracións.