Homenaxea a Rosario Álvarez, Francisco Fernández Rei e Manuel González
19 oct 2021 . Actualizado a las 04:50 h.O Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC centra o seu simposio anual, que comezou onte en Filoloxía, na conmemoración do seu 50 aniversario. «O ILG naceu no ano 1971, durante o franquismo, e desenvolveu un papel protagonista na estandarización do galego. A súa relevancia era maior que a dun centro de investigación», lembrou onte o seu director, Xosé Luís Regueira. A cita homenaxeará a persoas que comezaron a súa andaina investigadora nesa década e continúan: Rosario Álvarez, Francisco Fernández Rei e Manuel González.
Ademais de repasar a historia, o simposio tamén abordará ata o venres proxectos actuais e de futuro.