María do Cebreiro gaña o Premio Ramón Piñeiro con «Maternidades virtuosas»

La Voz

SANTIAGO

SANDRA ALONSO

O traballo será publicado por Galaxia

11 ene 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

A escritora compostelá María do Cebreiro gañou o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio coa obra «Maternidades virtuosas». O xurado valorou especialmente o traballo por achegar, dun xeito accesible a todos os públicos e sen perder o rigor intelectual, como os cambios sociais, o capitalismo, o contexto tecnolóxico están intervindo a experiencia da maternidade. No traballo, ademais, a autora conecta a quen le coas últimas tendencias en pensamento feminista e coa actualidade. O premio está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada por Galaxia.