Recoñecemento a Seguridade A1

La Voz SANTIAGO

SANTIAGO

CEDIDA

A Xunta de Galicia e o Foro Enrique Peinador destacaron o compromiso da empresa co galego

18 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta de Galicia e o Foro Enrique Peinador recoñeceron o compromiso da empresa Seguridade A1 co uso do galego desde a súa propia orixe en todos os seus ámbitos de comunicación. O acto celebrouse na sede da empresa con máis de sesenta asistentes, entre eles o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente do Foro Peinador, Xosé González, e os responsables de Seguridade A1, Manuel Rial, director xeral, e o seu fillo Manuel Rial.