Rosario Álvarez asume de novo a presidencia do Consello da Cultura Galega
SANTIAGO

O acto está convocado para o mediodía no Consello da Cultura Galega
11 jul 2022 . Actualizado a las 04:55 h.Rosario Álvarez toma posesión este mediodía do seu cargo como presidenta do Consello da Cultura Galega nun acto no que tamén estará presente o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. A catedrática de Filoloxía Galega continús así o seu labor á fronte da institución cultural, da que é a primeira muller presidenta, no que será o seu segundo e derradeiro mandato. O plenario do Consello da Cultura Galega apoiou por maioría o proxecto presentado por Rosario Álvarez para «unha etapa de madurez» da institución, que está a piques de cumprir os 40 anos de existencia.