O CCG aborda a proxección exterior da literatura infantil en clave feminina

La Voz

SANTIAGO

Plumeria

Intervirán Ledicia Costas, Fina Casalderrey e María Alonso Seisdedos

15 sep 2022 . Actualizado a las 04:55 h.

17.30 horas • Consello da Cultura Galega • A segunda sesión do ciclo «Literarias todas» do Consello da Cultura Galega abordará hoxe a proxección exterior da literatura infantil e xuvenil en clave feminina. Para iso contará esta tarde coa participación de María Alonso Seisdedos, Fina Casalderrey e Ledicia Costas, tres escritoras galardoadas cun Premio Nacional de Litetaruta e todas autoras destacadas na literatura infantil e xuvenil galega. O coloquio será moderado por Dolores Vilavedra. A xornada é presencial pero pode seguirse en directo a través da web e das redes da institución.

 

«Literarias todas», coordinado por Inma López Silva e organizado polo Centro de Documentación en Igualdade e feminismos, busca reflexionar sobre a posición das mulleres dentro do sistema literario galego.