Hoxe haberá un obradoiro en Melide, preséntase un libro e Henrique Monteagudo dará unha conferencia do Ateneo de Santiago sobre Fernández del Riego
15 may 2023 . Actualizado a las 04:50 h.Comeza a semana das Letras Galegas, dedicadas neste 2023 a Francisco Fernández del Riego, e faino xa con varios actos espallados por Santiago e comarcas. O Concello de Melide inicia hoxe luns un obradoiro en colaboración co instituto de secundaria para normalizar o uso da lingua propia de Galicia en redes sociais baixo o título As túas redes sociais, en galego. Xa en Santiago, ás 19 horas, El Corte Inglés acolle a presentación do libro Fernández del Riego. O home que valía por mil, de Antón Mascato e Pepe Carreiro.
O Ateneo de Santiago programa ás 19.30 una conferencia sobre Del Riego na rúa do Vilar, 19. Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega da USC, falará do autor nunha charla para «contar a vida, vivir a historia», do prolífico intelectual. Trátase dun acto de acceso libre ata completar o aforo.