Maré enche durante máis de 12 horas as rúas santiaguesas de música

La Voz

SANTIAGO

CEDIDA

Haberá actuacións en Mazarelos e concertos de Fetén Fetén no Principal e Fémina e Lívia Mattos, en Riquela

23 sep 2023 . Actualizado a las 04:55 h.

O festival Maré vive hoxe día grande. Serán máis de doce horas continuas de música polas rúas, ao que haberá que engadirlle concertos no Principal, Riquela e Casa das Crechas. Iso despois do éxito das xornadas precedentes, con cheos o xoves para ver á portuguesa Maro e para o concerto de Abraham Cupeiro coa Banda de Música.

A Escola Latexo Percusión abrirá as 12.00 horas desde a praza de Cervantes a primeira Marexada Perkuta da xornada. A segunda comezará ás 20.00 horas en Mazarelos e será a cargo de Trópico de Grelos e Circonove. Precisamente, esta praza acollerá desde ás 12.15 horas ata pasada a medianoite sete actuacións. Comezará Carlos Santiago e seguiranlle Maricarme (13.00), Macheta Supah Sound (14.00), DJ Floro (15.15), Aïta Mom Amour (19.30 horas), Mundo Prestigio (22.30) e Brinkadela Troupe (23.30). Estas actividades son de balde.

As actuacións musicais completaranas Fetén Fetén e convidados no Principal (20.00 horas) e Fémina e Lívia Mattos (20.30 horas, en Riquela). A xornada contará, ademais, cunha proxección do documental de Kepa Junkera (16.30, Salón Teatro), un taller de escrita creativa e unha conversa entre A Pedreira e Grande Amore.