
A exposición sobre o poeta na Casa do Cabido entra na súa recta final tras converterse na máis visitada
26 oct 2023 . Actualizado a las 04:55 h.«Esto me hipnotiza», escribiu Federico García Lorca despois de chegar á estación de Cornes un 25 de outubro de 1916 por primeira vez. E para lembrar esa data onte en Santiago resoaron os versos que o granadino escribiu en galego nas voces de estudantes do instituto Rosalía de Castro. Ademais, houbo unha ofrenda floral xunto á estatua do autor de Fuentevaqueros na Alameda.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, lembrou a estreita relación de García Lorca con Santiago, «moitas veces descoñecida». Pola súa banda, o editor Quique Alvarellos incidiu en que o poeta non só estivo de visita, senón que desembarcou na cultura galega.
Por outra banda, a exposición «Lorca en Compostela» encara a súa recta final despois de convertierse na máis visitada na Casa do Cabido con preto de 20.000 persoas. Rematará o vindeiro día 5.